Deportes

Os Remedios gozou coa Ximnasia Rítmica

O público que acudiu ó Pavillón de Os Remedios gozou coa Ximnasia Rítmica no XIV Torneo de Primavera -Cidade de Ourense- que organizaba o Club Ximnasia Pavillón.

Os 300 deportistas que participaron no torneo tiveron o constante apoio do público nas gradas. Deixar no pasado a imaxe de gradas valeiras pola pandemia foi o primeiro logro deste torneo.

Os Remedios gozou coa Ximnasia Rítmica

Os clubs participantes mostraron un alto nivel na súa preparación. Exercicios de gran calidade para completar unha xornada de ximnasia rítmica de gran beleza. Chegados de toda Galicia e Valladolid, os participantes na décimo cuarta edición do Torneo de Primavera completaron unha xornada deportiva excepcional.

Tras un inicio de torneo que contou coa participación dos ximnastas de competición escolar que realizaron unha exhibición, chegou a competición. Moitos conxuntos demostraron o bo momento que atravesan como preparación para as próximas citas a nivel nacional.

Competición conxuntos

Resultados na competición de conxuntos.

Conxuntos Promoción

CATEGORÍA BENXAMÍN

  • 1º Club Biqueira
  • 2º Club Ximnasia Pavillón Ourense
Os Remedios gozou coa Ximnasia Rítmica

Conxuntos Base

CATEGORÍA ALEVÍN

  • 1º Club Maniotas
  • 2º CDXR Compostela
  • 3º Ximnasia Acordes

CATEGORÍA INFANTIL

  • 1º Club Viravolta
  • 2º Club Ximnasia Pavillón
  • 1º CFXR Compostela

CATEGORÍA CADETE

  • 1º CDXR Compostela
  • 2º Club Viravolta
  • 3º Club Ximnasia Pavillón Ourense (prebase)

Conxuntos absolutos

ALEVÍN

  • 1º Club Ximnasia Pavillón Ourense

INFANTIL

  • 1º Escola Ximnasia Pavillón

JUNIOR

  • 1º Club Ximnasia Pavillón Ourense
  • 2º Club Maniotas

Competición Individual

Resultados nas distintas competicións individuais.

MASCULINA PREJUNIOR

  • 1º Unai Sánchez Cambeira – CLUB Maniotas
  • 2º Juan Vázquez Seoane – CLUB Ausarta
  • 3º Damián Gómez Diosdado – CLUB Ximnasia Pavillón Ourense

FEMININA JUNIOR

ARO

  • 1º Noa Ruzo Boga – CLUB Ausarta
  • 2º Noa Codeso Pacios – CLUB Ximnasia Pavillón Ourense
  • 3º Jimena Arrojo Cubero – CLUB CD Valladolid

CORDA

  • 1º Mónica García-Abril Curto – CLUB CD Valladolid
  • 2º Candela Chaparro Gómez – CLUB Ximnasia Pavillón Ourense
  • 3º Claudia Babarro Gómez – CLUB Ximnasia Pavillón Ourense

CINTA

  • 1º Laura Bindi Prieto – CLUB Ximnasia Pavillón Ourense
  • 2º Noa Ruzo Boga – CLUB Ausarta
  • 3º Miriam Martínez Calleja – CLUB CD Valladolid

Clasificación por equipos

CATEGORÍA JUNIOR

  • 1º CD Valladolid
  • 2º Club Ximnasia Pavillón A
  • 3º Club Ximnasia Pavillón B

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba