Noticias

Críticas do BNG á programación do 17 de maio en Ourense

O BNG critica que o Concello de Ourense inclúa o 17 de maio, Día das Letras Galegas, na programación das festas do Couto, sen dotalo dunha celebración propia.

O Concello de Ourense anunciou esta mañá a programación das festas do Couto, previstas do 15 ao 19 de maio.

Críticas do BNG á programación do 17 de maio en Ourense

Porén, a decisión do Goberno Local de integrar o 17 de maio, Día das Letras Galegas, dentro deste calendario festivo volveu xerar críticas por parte do BNG.

O portavoz municipal nacionalista, Luís Seara, censurou a que considera unha “falta de sensibilidade” por parte do alcalde Gonzalo Pérez Jácome. “Por todos é sabida a carraxe que a Jácome lle producen as celebracións e efemérides propias do país, e máis se teñen unha compoñente cultural”, asegurou.

Críticas do BNG á programación do 17 de maio en Ourense

Seara denunciou tamén que Ourense será un dos poucos concellos de Galicia que non organizará ningún acto ao longo de 2025 para conmemorar o ano Castelao. “Resulta aínda máis triste que nin tan sequera se programe un acto específico o 17 de maio, unha data institucionalizada e central para a nosa cultura”, lamentou.

Desde o BNG afirman que se perde unha nova oportunidade para divulgar e celebrar a identidade galega. “Neste 2025 homenaxéanse as cantareiras e a poesía popular oral, mais en Ourense, pola decisión de Jácome, non haberá unha programación cultural ampla e diversa”, concluíron.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.