Noticias

Ourense estará na carreira por acoller unha axencia nacional

O concello de Ourense estará na carreira por acoller unha axencia nacional ó preparar a súa candidatura co apoio da totalidade do pleno municipal.

A pesar de que a Xunta de Galicia aposta por A Coruña para optar a ser sede da Axencia Española da Intelixencia Artificial, o concello de Ourense presentará igualmente a súa candidatura.

Ourense estará na carreira por acoller unha axencia nacional

Non será esta a única opción á que optará Ourense que tamén estará na carreira por acoller a Axencia Espacial Española. «Cumprimos todos os requisitos e somos os mellor posicionados de España», indica Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense.

Ourense estará na carreira por acoller unha axencia nacional

A pesar das múltiples vantaxes da candidatura de Ourense para ambas sedes, o rexedor é claro ante as posibilidades de éxito. «Vai ser difícil, porque vai ser unha decisión política, na que ao mellor non se seguen os criterios de obxectividade necesarios, como xa non os seguiu a Xunta de Galicia cando non apostou por Ourense e inclinou a balanza a prol da Coruña de forma inxusta».

O concello de Ourense comprometeuse a través do pleno municipal a ceder de forma gratuíta o espazo para estas sedes. Do mesmo xeito, o concello aportaría un millón de euros para asumir o custe de instalar estas entidades en Ourense.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.