O concello de Ourense instalará unha rede de cámaras e radares que permitirán o control do acceso ó centro histórico e a circulación viaria na cidade.
Unha inversión de 964.106,07€ permitirá a instalación no concello de Ourense dun sistema de cámaras e radares. Esta inversión realízase cunha achega realizada polos Fondos Next.
Ourense instalará unha rede de cámaras e radares
Un dos sistemas que instalará o concello de Ourense consistirá nun conxunto de cámaras que controlen o acceso ó centro histórico. Dende que deixou de funcionar o anterior sistema de bolardos, o acceso ó casco vello carecía de control permanente.
No paquete aprobado pola xunta de goberno tamén se inclúe un sistema de cámaras de control de tráfico que se situará en lugares estratéxicos e 8 radares dos cales, 7 serán fixos.
Equipamento de cámaras e radares
- 17 sistemas de control de acceso mediante cámaras con recoñecemento de matrícula
- Cámaras de control de tráfico que se situarán en rotondas e lugares estratéxicos da cidade
- 7 radares fixos e 1 radar móbil para o control da velocidade na cidade