O concello de Ourense podería contratar un 20% máis de choferes na próxima licitación do servizo de transporte urbano de autobús.
Ourense contará no ano 2023 cun renovado servizo de autobuses urbanos. Novas liñas, novos vehículos e posiblemente tamén, novos condutores.
Ourense podería contratar un 20% máis de choferes
Si se cumpren as previsións do goberno municipal, Ourense podería contratar un 20% máis de condutores. Este incremento do persoal sería posible grazas a varias liñas de actuación que permitirán un importante aforro ás arcas públicas.
- Aforro económico ó comprar de forma directa os autobuses (sen gastos en intermediarios)
- Subvención do 40% do custe dos autobuses eléctricos
- Pago ó contado (sen asumir xuros bancarios)