Ourense terá unha gran liña circular no próximo modelo que se implantará na cidade a partir de 2023 e que permitirá conectar tódolos barrios.
O goberno municipal de Ourense segue co deseño das novas rutas de autobús que estarán en funcionamento a partir do vindeiro ano. A fase ALPHA 3.0 terá unha gran liña circular que terá o nome de liña 0.
Ourense terá unha gran liña circular
«A gran circular conectará a todos con todo. Chamarase liña 0 e terá unha frecuencia alta, cada 20 minutos, con percorridos en ambos os sentidos, conectando zonas históricamente desconectadas. Unirá todos os barrios lindeiros ao centro, evitantando transbordos e facilitando conexións directas, de xeito que unha persoa que viva no Couto, San Francisco ou A Ponte poderá desprazarse de forma directa ao centro, ao xulgado ou ao pavillón dos Remedios, á estación intermodal, á residencia, a universidade ou ao auditorio/biblioteca, etc…» explican dende o goberno municipal.
Esta liña circular estará conectada ás liñas norte-sur e realizaría o seguinte percorrido:
- Residencia – San Francisco – Auditorio – Parque de San Lázaro – Campus – Avenida Otero Pedrayo – As Lagoas – Ponte Nova – Estación Intermodal – Xulgados/Pavillón – Praza do Couto – Avenida Portugal – O Posío – Avenida de Zamora – Residencia.