Eventos

Parque de Ocio este Nadal na Merca

Anuncian un parque de Ocio este Nadal no concello da Merca que estará en funcionamento dende o 23 de decembro de 2022 ó 8 de xaneiro de 2023.

O Polideportivo Municipal da Merca acollerá esta proposta lúdica na que os máis pequenos poderán gozar dun amplo programa de actividades.

Parque de Ocio este Nadal na Merca

Polas mañás, unha ludoteca de 9 a 14h colaborará na conciliación familiar e laboral durante a época das vacacións escolares. Pola tarde, parque de atraccións e infantís onde haberá un espazo para os adultos. Os adultos que acompañen ós nenos e nenas que acudan ó parque de atraccións poderán tomar algo no bar que habilita a organización para levar mellor a espera.

Prezo

A ludoteca terá un custe de 35€ por neno/a que cubre a asistencia todas as mañás para participar na actividade. (reserva ludoteca: 671 485 484)

A asistencia polas tardes terá un prezo único de 3€/día para os nenos e nenas e de 1€ para adultos. Mentres os nenos gozan coas atraccións e actividades infantís como os inchables e a sección de videoxogos, os adultos poderán tomar algo no bar.

Días e Horario

  • Ludoteca – de 9 a 14h
    23 e 24 de decembro
    26 a 31 de decembro
    2 a 5 de decembro
  • Parque de xogos – de 16:30 a 20:30h
    23 de decembro
    24 de decembro (remata ás 20h)
    26 a 30 de decembro
    31 de decembro (remata ás 20h)
    2 a 4 de decembro
    6 de decembro (remata ás 20h)
    7 a 8 de decembro
Parque de Ocio este Nadal na Merca

Botón volver arriba