Noticias

Piden explicacións por unha multa ó coche da alcaldía

Piden explicacións por unha multa ó coche da alcaldía que foi sancionado por sobrepasar a velocidade permitida nunha rúa de Vigo en setembro de 2022.

Membros do grupo socialista no concello de Ourense pediron explicacións ó alcalde, Pérez Jácome, sobre as informacións relativas a unha sanción de tráfico.

Piden explicacións por unha multa ó coche da alcaldía

O que nun principio sería unha sanción de 400€ por exceso de velocidade, acabaría sendo unha de 1.200 euros por non identificar ó condutor. Esa primeira sanción (400€ e perda de catro puntos do carné) foi recibida no concello coa solicitude para identificar ó condutor do Peugeot 208, vehículo da Alcaldía de Ourense. Ó non facilitar a información do condutor, tráfico enviou unha nova sanción de 1.200 euros.

“Dende o grupo socialista queremos que se aclare a veracidade destas informacións e que o alcalde explique, en primeiro lugar, se se empregou un vehículo de propiedade municipal para unha viaxe persoal; en segundo, se tal vehículo foi sancionado por exceso de velocidade; en terceiro, se as ourensás e os ourensáns van ter que facerse cargo desa multa; e en cuarto, se o importe total da dita sanción aumentou a raíz da negativa do alcalde de identificar o condutor do vehículo”.

Piden explicacións por unha multa ó coche da alcaldía

Botón volver arriba