Eventos

Poesía Visual da man do artista Poldras

Un achegamento á Poesía Visual da man do artista Poldras é a proposta que nos presenta a plataforma Non ao peche da UPO e que terá lugar mañá mércores no Liceo de Ourense.

O mundo creativo ten unha amplitude de estilos, ferramentas e linguaxes case infinitas. Entre todas esas opcións, Poldras trae ó Liceo a poesía visual.

Poesía Visual da man do artista Poldras

Esta linguaxe gráfica permite ós creadores dar un novo significado ás imaxes empregadas creando dese xeito unha nova interpretación do conxunto artístico. Un mundo, o da poesía visual, que Poldras nos mostrará grazas ó seu amplo coñecemento artístico.

Poesía Visual da man do artista Poldras
Cartel do obradoiro e poesía visual

Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo, Poldras conta no seu currículo cunha beca Erasmus de doutoramento en Maastrich, o 2º premio Internacional no III Certame de Gravado Dinastía Vivanco e unha longa traxectoria impartido ensinanzas de diferentes disciplinas artísticas.

A obra do artista Poldras pode atoparse na Biblioteca Nacional de España, Museo Majdanek (Polonia), Embaixada de Taiwan en España, Casa dos poetas de Celanova ou a Casa Arte de Nuestra América (Cuba).

Inscrición previa

O evento, de acceso libre, terá lugar o mércores, 19 de outubro no Liceo de Ourense. Para asistir será necesaria unha inscrición previa no correo queremosupo@gmail.com

Botón volver arriba