Noticias

Polémica en Ourense polo traslado da oficina de turismo

O Goberno Local de Ourense anunciou que trasladará a oficina de turismo situada nos baixos do Xardín Padre Feijóo ao edificio administrativo da Praza de San Martiño.

Segundo a versión oficial, a nova localización é máis emblemática. Porén, o BNG afirma que a verdadeira razón é a alta presenza de Gas Radón no local actual.

Polémica en Ourense polo traslado da oficina de turismo

A formación nacionalista critica que, malia os riscos para a seguridade e a saúde, o espazo afectado vaia ser licitado como cafetería. O portavoz do BNG, Luís Seara, ironiza coa «innovadora proposta de café con Radón» e suxire que a verdadeira intención do alcalde é reformar o local para despois entregalo a mans privadas.

O BNG considera que Gonzalo Pérez Jácome ten unha «obsesión» coas cafeterías e denuncia que actúa «máis como un axente inmobiliario que como alcalde«. Ademais, demandan acceso ao expediente e ás mediciones de Gas Radón realizadas no inmoble.

Polémica en Ourense polo traslado da oficina de turismo
Foto: BNG

Denuncias sobre a xestión da Pajarera

O BNG denuncia que a cafetería situada no Xardín Xaponés segue operando sen contrato nin pagamento de canon ao Concello, malia que a concesión foi rescindida en outubro. A formación teme que a xestión doutras cafeterías siga o mesmo camiño, o que consideran un grave prexuízo para os intereses públicos.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.