Noticias

Polémica polo programa de atención a persoas maiores

Xurdiu unha intensa polémica nos últimos días polo programa de atención a persoas maiores do concello de Ourense e a súa adxudicación mediante contratos menores.

O programa de atención a persoas maiores do concello de Ourense ten dúas modalidades, a atención presencial e a telefónica.

Polémica polo programa de atención a persoas maiores

Ambos contratos foron adxudicados «a dedo» a dúas empresas do ámbito da publicidade e a comunicación, non tendo actividade no eido dos servizos sociais. O grupo socialista do concello de Ourense denuncia esta situación e indica que «non nos parece unha forma seria de proceder, xa que nos chama poderosamente a atención que non se aposte por empresas do sector», indica a concelleira Concha García Lozano.

Polémica polo programa de atención a persoas maiores

Os contratos foron outorgados mediante un decreto do 30 de decembro de 2022 cos seguintes importes:

  • servizo de acompañamento presencial – 18.029 euros (IVE incluído)
  • servizo de acompañamento telefónico – 18.148,79 euros (IVE incluído)

Rafael Rodríguez Villarino indica que esta forma de proceder é unha «banalización dun problema moi serio como é a soidade, nunha das provincias máis envellecidas e nunha cidade na que a lo menos 10.000 persoas viven soas». O concelleiro indica tamén a necesidade de «traballar con persoal especializado, normalmente con equipos multidisciplinares».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.