Noticias

O festival Ponte Farruca 2025 celebrarase en Laza do 15 ao 17 de agosto

A cuarta edición do Ponte Farruca celebrarase en Laza os días 15, 16 e 17 de agosto de 2025, consolidándose como unha das romarías culturais máis reivindicativas e festivas do verán galego.

Cunha programación que mestura música, tradición, igualdade e diversidade, o evento continúa a súa aposta por dinamizar o rural e visibilizar a riqueza cultural da nosa terra.

O festival Ponte Farruca 2025 celebrarase en Laza do 15 ao 17 de agosto

Nesta nova edición, xa se confirmaron as actuacións de dúas propostas que prometen poñer Laza a tremer. Por unha banda, ALANA, un trío galego que combina pandeireta, gaita e moita alma para crear unha mestura entre tradición e sonoridades contemporáneas. As súas actuacións non deixan a ninguén indiferente… nin quieta!

Tamén subirán ao escenario UNTO VELLO, un dúo chegado de Brandeso e Brens que leva a música tradicional no lombo e no corazón. A súa proposta fresca, chea de retranca e sabor a empanada feita con amor de avoa, promete unha descarga de festa. Pandeiretas, acordeón e berros resoarán polos montes de Laza.

O festival Ponte Farruca 2025 celebrarase en Laza do 15 ao 17 de agosto
Imaxe do Ponte Farruca

Dende a organización animan a todo o mundo a estar pendente das redes sociais do festival: “A xente ten que estar atenta ás nosas redes!!”. A finais deste mes de maio lanzarán unha campaña de micromecenado/crowdfunding, coa que buscan implicar á comunidade e conseguir financiamento para facer realidade esta nova edición.

Non faltarán as empresas, negocios e persoas colaboradoras que queiran poñer o seu gran de area para manter vivo este proxecto tan necesario para o rural galego.

Ponte Farruca 2024.

O Ponte Farruca non é só un festival, é unha celebración da diversidade, da identidade e do orgullo de ser do rural. Este agosto, todas as camiñadas levan a Laza.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.