O PP trasladou aos construtores de Ourense as propostas de Alberto Núñez Feijóo para construír un millón de vivendas na próxima lexislatura e facilitar o acceso á compra e ao alugueiro.
Os candidatos Celso Delgado e Rosa Sánchez Gándara, acompañados por Sonia Ogando, reuníronse coa Asociación de Construtores de Ourense (ACO) para abordar a falta de man de obra cualificada, a seguridade xurídica e a burocracia administrativa.
O PP presenta en Ourense o plan de vivenda de Feijóo
Entre as medidas presentadas figuran unha nova Lei do Solo, a redución dos prazos urbanísticos e a mobilización de solo público para ofrecer alugueiros un 30 % por baixo da media do mercado.

O programa tamén contempla avais de ata o 100 % para a compra da primeira vivenda, rebaixas fiscais para menores de 40 anos e medidas para reforzar a protección dos propietarios.
Os populares contrapuxeron estas propostas ás políticas do Goberno de Pedro Sánchez, que consideran responsables da actual crise de vivenda.

