Noticias

Presentan o libro «Vivas para contarlo»

Presentan na Biblioteca Pública Nós de Ourense o libro «Vivas para contarlo» que recolle 13 microrrelatosde vítimas de violencia de xénero e sexual.

Este traballo que xurde da Comisión de seguimento das vítimas de violencia de xénero tamén inclúe 10 testemuños de persoas que traballan profesionalmente con estas vítimas.

Presentan o libro «Vivas para contarlo»

No acto celebrado na Biblioteca Nós participaron o subdelegado do Goberno, Eladio Santos, e a xefa da unidade de Violencia sobre a Muller, Alida Iglesias.

Santos destacou que «as que están á vangarda da loita contra a violencia de xénero son as propias mulleres. E, por iso, este libro vai de mulleres valentes e decididas, que queren vivir, que sufriron pero que adoptan unha actitude se superación para lograr un novo proxecto de vida, no que ser libres e felices».

Presentan o libro "Vivas para contarlo"
Foto: Subdelegación do Goberno

Pola súa parte, Alida Iglesias sinalou que esta publicación «abarca unha ampla variedade de historias, desde mulleres xoves ata maiores, de diferentes culturas e contextos, pero unidas polo mesmo desexo de trasladar a outras vítimas, que viven no silencio da violencia, que con forza e valentía poden reconstruír as súas vidas».

Botón volver arriba