Noticias

Primeiros pasos do Consello Municipal de Turismo

Os primeiros pasos do futuro Consello Municipal de Turismo tiveron lugar mediante unha reunión que tivo lugar no Liceo de Ourense.

Flora Moure, concelleira de Turismo, encabezou esta convocatoria que reuniu unha ampla representación que pon a primeira pedra do novo organismo.

Primeiros pasos do Consello Municipal de Turismo

«Ademais das potencialidades propias de Ourense como son o Termalismo, o Patrimonio, a Hostalería e o Comercio, existen dous elementos clave que conflúen neste ano dun xeito primordial: a chegada do AVE e o Xacobeo», indicou Flora Moure. A finalidade do Consello Municipal de Turismo é «posicionar a nosa cidade como destino turístico a nivel nacional e internacional».

Primeiros pasos do Consello Municipal de Turismo
foto: Ourense.gal

A constitución deste novo organismo foi aprobado polo pleno municipal. Nesta primeira reunión estiveron representados os grupos políticos municipais, profesionais do sector turístico e hoteleiro e numerosas institucións de Ourense.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba