Sandiás acolleu o pasado 23 de setembro un novo obradoiro do Programa Rosalía, centrado nesta ocasión na relación entre alimentación, saúde e benestar das mulleres.
Baixo o título “Alimentación, clave no ciclo vital das mulleres”, a actividade reuniu veciñas nun espazo de aprendizaxe, reflexión e autocoidado.
Nutrición e benestar centran un obradoiro do Programa Rosalía en Sandiás
A sesión estivo guiada por Carmen Rodríguez, fisioterapeuta, nutricionista e formadora da Red Talento, que abordou a importancia dunha nutrición consciente nas distintas etapas da vida das mulleres.

O obradoiro puxo o foco na saúde integral, no coñecemento do propio corpo e no dereito ao benestar, ao tempo que facilitou o intercambio de experiencias entre as participantes.
A actividade forma parte da programación do Programa Rosalía, que promove no rural galego iniciativas destinadas a impulsar a saúde, o benestar e o empoderamento das mulleres.

