O Concello de Sandiás aposta polas enerxías renovables coa instalación de placas fotovoltaicas de autoconsumo na estación depuradora de augas residuais (EDAR) da aldea de Piñeira de Arcos.
A actuación conta cun orzamento de 37.579,96 euros e está financiada polo Fondo de Compensación Ambiental para 2026.
Sandiás instala placas fotovoltaicas na EDAR de Piñeira de Arcos
O proxecto contempla a instalación dunha potencia fotovoltaica de 15 kW, co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética das instalacións mediante o uso de enerxías renovables.

Segundo o Concello, a actuación permitirá reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e xerar un aforro económico na factura enerxética e nos custos de mantemento. Ademais, contribuirá a garantir un funcionamento máis seguro da instalación e a mellorar as infraestruturas básicas de servizo aos veciños e veciñas.

