Noticias

Resurxindo do río chega a Sandiás para transformar a dor en resiliencia

A poeta, cantautora e profesora venezolana Nancy Herminia Conde Vázquez presentou en Sandiás Resurxindo do río, un poemario e libro de cancións nacido tras o feminicidio da súa filla, Ramy Tacarrelli.

A obra reúne 39 poemas e cancións nos que a autora aborda o duelo, a ausencia e a memoria, pero tamén a esperanza e a renovación espiritual.

Resurxindo do río chega a Sandiás para transformar a dor en resiliencia

O río é a principal metáfora do libro, como símbolo do fluír das emocións e da capacidade de renacer tras a dor.

Resurxindo do río chega a Sandiás para transformar a dor en resiliencia.
Foto: Concello de Sandiás.

Formada musicalmente no Conservatorio de Aragua e literariamente nos talleres da Casa Nacional das Letras Andrés Bello, Conde combina poesía e música nunha proposta próxima ao performance. O libro inclúe textos como No estuve allí, dedicado á memoria da súa filla.

Botón volver arriba