Noticias

Fíos que crean historias e unen xeracións en Sandiás

A Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Sandiás acolle desde este sábado a terceira Exposición de Costura, titulada «Fíos que crean historias. Imaxina, crea, transforma. Todo comeza cun fío».

A mostra reúne preto de 50 pezas de roupa, traballos de reciclaxe, bordados e outras creacións realizadas no Obradoiro de Costura do Local Social de Sandiás.

Fíos que crean historias e unen xeracións en Sandiás

A inauguración contou coa presenza dun centenar de veciñas e veciños da comarca da Limia e de Ourense. O acto serviu para recoñecer o traballo de Geni Losada, responsable do obradoiro, e a creatividade das preto de 20 persoas participantes.

Fíos que crean historias e unen xeracións en Sandiás

Ao longo do obradoiro confeccionáronse arredor de 19 pezas con tecidos novos e outras 30 a partir de materiais reutilizados, como pantalóns vaqueiros e camisas. Estes tecidos transformáronse en saias, bolsos, mandís, fundas para botellas e outras creacións.

A exposición tamén incorpora bordados e labores realizados polas participantes, así como os peixes deseñados e cosidos para o último Entroido. Estas pezas serven de homenaxe aos pescadores da zona e á tradición ligada á pesca.

Publicaciones relacionadas

A mostra inclúe tamén unha cana de pescar elaborada artesanalmente por Alejandro Portela, vinculada á tradición familiar iniciada polo seu avó, afeccionado á pesca e xastre. Portela mantivo esa herdanza e desenvolveu a súa propia técnica para fabricar canas de pescar.

Esta terceira edición dá continuidade ás anteriores, que homenaxearon aos xastres e costureiras e aos labregos e labregas de Sandiás. Nesta ocasión, o protagonismo céntrase na aprendizaxe, a tradición e a memoria familiar arredor da costura, a pesca e os oficios artesanais.

A exposición poderá visitarse na Casa da Cultura de Sandiás de martes a domingo, de 16:00 a 20:00 h. O Obradoiro de Costura continuará desenvolvéndose ata novembro.

Botón volver arriba