Noticias

O PAI de Sandiás celebra o Samaín cunha festa chea de maxia

O Punto de Atención Infantil (PAI) de Sandiás celebrou o pasado venres 30 de outubro a Festa do Outono e do Samaín cunha xornada chea de actividades, disfraces e diversión na que participaron os nenos e nenas, as familias e o equipo educativo.

A celebración comezou pola mañá cun percorrido pola aldea de Sandiás para participar no tradicional «Truco ou trato».

O PAI de Sandiás celebra o Samaín cunha festa chea de maxia

Os pequenos visitaron diferentes veciños e establecementos, onde recibiron unha excelente acollida e encheron as súas cestiñas de lambetadas.

O PAI de Sandiás celebra o Samaín cunha festa chea de maxia
Foto: Concello de Sandiás.

Pola tarde, as instalacións do PAI transformáronse nun espazo ambientado no outono e no Samaín, grazas tamén á colaboración das familias. A programación incluíu unha merenda temática, obradoiros creativos, maquillaxe, decoración de cabezas, xogos con globos e distintas actividades para estimular a imaxinación dos máis pequenos.

Os disfraces, as cores e as risas protagonizaron unha festa que reforzou a convivencia e a participación das familias, ao tempo que permitiu manter vivas as tradicións do Samaín.

Botón volver arriba