Noticias

O PSdeG critica a «ditadura» de Jácome tras unha nova sentenza por acoso laboral

O grupo socialista no Concello de Ourense expresou o seu «rexeitamento» ao modo de proceder do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, tras a coñecida sentenza que o condena por acoso laboral a unha traballadora municipal.

Esta é a terceira sentenza deste tipo que condena ao rexedor por tratar de xeito improcedente aos empregados públicos.

O PSdeG critica a «ditadura» de Jácome tras unha nova sentenza por acoso laboral

A voceira do PSdeG, Natalia González, lamentou que a imaxe da terceira cidade de Galicia se vexa «menoscabada» por estes feitos, e sinalou que «en ningunha cidade do noso país se permitiría seguir nin un minuto máis á fronte da Alcaldía a Jácome». González destacou a gravidade dos feitos, que «non son novos» e que «teñen repercusións económicas que asumimos todos e todas as veciñas».

O PSdeG critica a "ditadura" de Jácome tras unha nova sentenza por acoso laboral

O PSdeG responsabiliza ao PP de «colocar e continuar mantendo ao rexedor na súa cadeira e co bastón de mando», perpetuando a situación. A formación socialista trasladou o seu «apoio a todas esas persoas, empregados e empregadas públicas», e felicitou a Stella González pola súa «valentía e inistencia por que se faga xustiza, así como defender os dereitos da cidadanía ante calquera tipo de ditadura».

Esta nova sentenza aumenta a presión sobre o alcalde e o PP, e pon de manifesto o tenso clima laboral no Concello de Ourense.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.