Noticias

O PSdeG denuncia o desmantelamento das políticas sociais e de igualdade en Ourense

O grupo municipal socialista de Ourense denuncia o desmantelamento das políticas sociais e de igualdade tras coñecer as intencións do goberno municipal.

Esta denuncia chega ó coñecer as novas decisións tomadas polo goberno local de Democracia Ourensana (DO). Segundo afirman desde o PSdeG, estas accións demostran un desleixo absoluto polas políticas sociais e de igualdade.

O PSdeG denuncia o desmantelamento das políticas sociais e de igualdade en Ourense

A concelleira do PSdeG, Cristina Cruz, criticou a decisión de non convocar o Consello Municipal de Igualdade para abordar a programación do 8M, algo que ocorre por primeira vez. «Prescíndese do órgano con excusas peregrinas, afirmando a concelleira que xa está todo cociñado, bloqueando o diálogo e o consenso e demostrando a súa falta de compromiso e vontade política neste eido. A intención encuberta de Democracia Ourensana é que termine desaparecendo», afirmou.

Outro dos puntos que denuncian os socialistas é o novo atraso na adxudicación definitiva do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Segundo a voceira do PSdeG, Natalia González, isto é «outro exemplo da desidia e o caos no ‘modus operandi’ do executivo local á hora de facer fronte aos problemas máis urxentes e ás necesidades da veciñanza».

O PSdeG denuncia o desmantelamento das políticas sociais e de igualdade en Ourense

Sen actividades de conciliación

Ademais, o PSdeG confirmou que o goberno local eliminará as actividades de conciliación nos centros cívicos durante os períodos non lectivos de 2025. Isto inclúe Semana Santa, verán e Nadal. «Levamos anos denunciando que as familias con menos recursos e a igualdade non son unha prioridade. E isto, por desgraza, vén a darnos a razón», lamentou Cristina Cruz.

Outra das críticas do grupo socialista é a falta de resposta da concelleira responsable ante a solicitude de convocatoria do Consello Municipal de Servizos Sociais. Esta solicitude foi formulada polas entidades do terceiro sector e os grupos políticos nas Xuntas de Área. «Non son quen nin de atender as demandas e escoitar as necesidades das organizacións que traballan día a día cos e cas ourensás amosando un desleixo absoluto e continuo», subliñou Cruz.

Finalmente, e a petición do PSdeG, o goberno local confirmou que non levará adiante medidas municipais para a loita contra a trata nin para o mantemento das gateiras. Para o PSdeG, isto reflicte a ausencia de compromiso en materia de protección animal e dereitos humanos.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.