O PSdeG-PSOE de Ourense conmemorou este 1 de maio o Día Internacional do Traballo cun acto e a tradicional ofrenda floral diante do busto de Pablo Iglesias Posse, no que a formación socialista reivindicou a defensa dos dereitos da clase traballadora.
No encontro participaron a secretaria xeral do PSOE na cidade, Natalia González; o secretario provincial, Álvaro Vila; e a responsable de UGT en Ourense, Noemí Álvarez.
O PSdeG de Ourense reivindica os dereitos laborais no 1 de Maio
Durante o acto, Natalia González destacou que o 1 de maio lembra “xeracións de traballadoras e traballadores que loitaron por conquistar dereitos fundamentais”, ao tempo que o partido puxo en valor a evolución do emprego en España e os avances na contratación estable impulsados polo Goberno de Pedro Sánchez.

A formación socialista reafirmou —segundo trasladou no acto— o seu compromiso cun modelo baseado en emprego digno, estabilidade e xustiza social.

