Noticias

O PSdeG-PSOE presenta a súa candidatura en Castrelo de Miño

O PSdeG-PSOE presenta a súa candidatura en Castrelo de Miño con Catalina González Álvarez como cabeza de lista para as eleccións municipais do 28 de maio.

No acto de presentación arrouparon á candidatura o secretario provincial, Rafael Villarino, e o secretario Xeral do PSdeG, Valentín González Formoso.

O PSdeG-PSOE presenta a súa candidatura en Castrelo de Miño

A candidata á alcaldía indicou que se sentía «emocionada e ilusionada, pero sobre todo afortunada, por poder encabezar un proxecto de presente e de futuro para o meu municipio e para todos e todas vós».

Catalina González destacou que «os e as que estamos aquí, non nos vendemos no seu momento, nin o imos facer nunca, porque hai cousas, que a pesares de que son moi prezadas, non teñen prezo, e a lealdade a todos e todas as veciñas de Castrelo, aos que nos voten, e aos que non, é unha delas».

O PSdeG-PSOE presenta a súa candidatura en Castrelo de Miño

Rafael Villarino mostrouse confiado en que a «resiliencia, a valía e o empuxe de Catalina González levará ao PSdeG-PSOE a gobernar en Castrelo de Miño por primeira vez na historia». Na mesma liña, Valentín Formoso mostrou a súa confianza na candidata, «unha muller preparada, valente e moi traballadora».

Botón volver arriba