A Xunta investiu máis de 20.000 euros na conservación da senda peonil de Barral, en Castrelo de Miño.
O delegado territorial, Manuel Pardo, visitou a actuación acompañado polo alcalde, Avelino Pazos.
A Xunta mellora a senda peonil de Barral
As obras executáronse na estrada OU-404, entre os puntos quilométricos 31+490 e 31+780. Os traballos incluíron a construción dunha gabia de formigón de 120 metros, a reparación puntual do muro de contención e a instalación de 18 metros de tubaxe para a recollida de augas pluviais.

Durante a visita, Pardo lembrou que esta intervención dá continuidade ás melloras realizadas en 2025, cando a Xunta destinou preto de 50.000 euros para acondicionar a senda-cuneta entre Barral e a intersección coa OU-402. A actuación permitiu conectar as beirarrúas existentes, mellorar o acceso ao santuario e renovar a drenaxe da zona.

