Noticias

O PSdeG reclama maior celeridade na rehabilitación da Praza de Abastos

O PSdeG reclama maior celeridade na rehabilitación da Praza de Abastos N°1 de Ourense e solicita maior coordinación entre as administracións implicadas.

As e os edís do grupo municipal socialista visitaron esta mañá as instalacións da Praza de Abastos N°1 para comprobar o estado actual das obras de rehabilitación e as actuacións que aínda quedan pendentes.

O PSdeG reclama maior celeridade na rehabilitación da Praza de Abastos

A visita tivo como obxectivo avaliar os avances e reclamar medidas para que os e as praceiras poidan volver ao seu espazo de traballo definitivo canto antes.

A portavoz do PSdeG no Concello de Ourense, Natalia González, fixo un chamamento ás administracións para que axilicen os prazos. «Urximos que no próximo mes de marzo estea listo xa o novo plan funcional consensuado e se proceda á redacción do proxecto, ademais de activar os compromisos económicos necesarios para a súa licitación e adxudicación neste 2025», afirmou. González subliñou a importancia da intervención urbanística, cualificándoa como «unha das máis importantes e ambiciosas da historia da nosa cidade», e pediu que non haxa máis retrasos nun proxecto que considera clave para Ourense.

Desde o PSdeG instan a que se reúna novamente a Administración local, a autonómica e a Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos para resolver as cuestións pendentes. «Urxe unha coordinación entre as tres partes para a execución e continuación das seguintes fases das obras», engadiu González, quen ademais é secretaria xeral do partido na cidade.

Os socialistas demandan que o goberno municipal de Gonzalo Pérez Jácome organice xornadas de portas abertas para que a cidadanía poida coñecer a importancia arquitectónica da Praza de Abastos N°1. Segundo apuntan, esta infraestrutura non só debe ser un mercado, senón que tamén debe converterse nun espazo clave para a dinamización da economía e a cultura ourensá.

«O grupo municipal socialista apostou sempre por este proxecto estratéxico que nós puxemos en marcha dende o goberno entre 2007 e 2012. Estamos dispostos a colaborar e apoiar todo o necesario para que se lle dé continuidade e se remate a súa apertura ao público o máis cedo posible», concluíu a portavoz socialista.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.