Noticias

O PSdeG só apoia o expediente de servizos sociais

O PSdeG-PSOE do concello de Ourense só apoia o expediente de modificación orzamentaria relativo ós servizos sociais.

Dos dez expedientes presentados, os socialistas só apoiaron o 9P que suma unha cantidade de 808.400 euros.

O PSdeG só apoia o expediente de servizos sociais

Neste expediente inclúense:

  • 24.000 euros para axudas de comedores escolares,
  • 300.000 euros para persoas do programa de emerxencia social ou
  • 90.000 euros para as subvencións da Concellería de Benestar Social para entidades do terceiro sector.

Tamén se inclúen neste expediente os convenios asinados con varias entidades sociais cun importe de 394.400 euros. Entre estas entidades figuran Cáritas, Banco de Alimentos, Cruz Vermella, Por Eles TEA, Aspanas ou ADO.

«Solicitamos, así mesmo, que esta modificación orzamentaria se inclúa xa na orde do día do pleno ordinario do vindeiro 4 de outubro, co fin de optimizar recursos e ante a pouca diferenza de días e prazos que habería entre unha convocatoria extraordinaria e a propia ordinaria da próxima semana» sinalou Natalia González, voceira socialista.

O PSdeG só apoia o expediente de servizos sociais
Natalia González Benéitez

Lembran desde o PSdG que son as «irregularidades nos procedementos de contratación», a «preferencia polos contratos menores», ou a «falta de diálogo e consenso nas decisións políticas» a que provocou este caos económico no concello de Ourense.

As solución para o Partido Socialisa pasa por un novo orzamento. «É imprescindible sacar adiante un orzamento despois de ser incapaces en 4 anos de poñer sobre a mesa nin tan sequera un borrador», sinalou Natalia González.

Botón volver arriba