O PSdG-PSOE fala de igualdade nun encontro mantido coa militancia no Carballiño e ó que asistiron decenas de veciños.
Francisco Fumega, candidato á alcaldía do Carballiño, mantivo un encontro coa veciñanza no que o feminismo e a igualdade estivo no foco central do acto.
O PSOE fala de igualdade nun encontro coa militancia no Carballiño
O encontro tivo lugar na sede comarcal do partido e contou coa participación de decenas de militantes. En representación do partido estiveron Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, Guadalupe Sobrado, concelleira de Igualdade e Servizos Sociais, e Marina Ortega, deputada no Parlamento de Galicia.
Carmela Silva indicou que a política local «ten que ser unha política feminista, ou non é política». Nese terreo xoga un papel fundamental a xuventude. Carmela Silva mostrou a necesidade «de educar en igualdade, promovendo actividades de todo tipo nos centros educativos e facer programas para que as rapazas mozas poidan elixir o que queren ser no futuro en plena liberdade».
Guadalupe Sobrado, concelleira no Carballiño, recordou a importancia dunha iniciativa municipal en materia de igualdade. «Unha das nosas apostas para contribuír á mellora da igualdade da muller é a conciliación familiar». Tamén destacou a importancia do CIM do Carballiño. «O Centro de Información á Muller foi pioneiro na provincia, e nel estase a prestar axuda a unha media anual superior ás 700 persoas con problemas persoais ou familiares e tamén ás vítimas de violencia de xénero».
«ten que ser unha política feminista, ou non é política»
Marina Ortega aproveitou a súa intervención para destacar a importancia da política local. «Unha das máis próximas a cidadanía e onde se poden solucionar os problemas da xente, onde as persoas deixan de ser cifras e teñen nomes e apelidos».