Noticias

O PSOE propón continuar a AG-31 ata Portugal

O PSdeG-PSOE propón continuar a AG-31 ata a fronteira con Portugal e comprométese a impulsar este proxecto si Besteiro acada a presidencia da Xunta de Galicia.

«Foi baixo un goberno socialista na Xunta que, en febreiro de 2009, se adxudicou a construción da AG-31 para conectar daquela Rante e Celanova, sempre coa idea de continuar a infraestrutura ata a fronteira portuguesa, quedando o proxecto relegando a un caixón coa chegada ao poder autonómico do PP» indica Carmen Rodríguez Dacosta.

O PSOE propón continuar a AG-31 ata Portugal

A cabeza de lista do PSdeG-PSOE por Ourense indica que «é preciso reivindicar un proxecto que se entoxa vital para a provincia de Ourense».

Esta infraestrutura supuxo un adianto para a comarca de Celanova pois permitiu que moitos veciños manteñan a súa residencia na zona a pesar de traballar en Ourense ou San Cibrao das Viñas. «As posibilidades de crecemento económico e poboacional son claras, afectando a toda a Baixa Limia se media unha aposta decidida do goberno da Xunta pola continuidade da autovía cara Portugal».

Ramón Alonso, alcalde de Entrimo, recorda que «o que realmente precisamos é unha vía de alta capacidade capaz de achegar os núcleos importantes do norte de Portugal coa cidade de Ourense».

O PSOE propón continuar a AG-31 ata Portugal
Foto: PSdeG-PSOE

Nacho Gómez, número 2 da candidatura socialista, recorda que «as e os socialistas levamos moito tempo reclamando a ampliación da AG-31 ata a fronteira portuguesa». Estas peticións foron realizadas «tanto no Parlamento de Galicia como na Deputación de Ourense, así coma en todos e cada un dos concellos das comarcas de Celanova e a Baixa Limia».

Botón volver arriba