Eventos

Quins celebra as festas de San Antón

Quins celebra as festas de San Antón con dous días de actividades nos que non faltarán a música e as actividades infantís.

A primeira xornada das festas de Quins, no concello de Melón, será o martes, 13 de xuño. Ese día, a charanga Europa realizará un pasarrúas pola localidade. Tras celebrar a misa e a procesión, a mesma charanga realizará a sesión vermú.

A segunda xornada das festas será o sábado, 17 de xuño. A partir das 17h, espazo para os máis cativos con inchables para que gocen coa festa. A verbena contará coa presenza da orquestra Saudade e a Disco Show.

Quins celebra as festas de San Antón

Botón volver arriba