Noticias

Educación fiscal no CEIP de Quins

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá nunha xornada de educación cívico-tributaria no concello de Melón, dirixida ao alumnado de quinto e sexto de primaria do CEIP de Quins.

A iniciativa, organizada pola Xunta a través da Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), ten como finalidade principal fomentar a conciencia fiscal desde idades temperás.

Educación fiscal no CEIP de Quins

Durante a actividade, o representante autonómico destacou a importancia de transmitir valores ligados á responsabilidade fiscal e ao cumprimento das obrigas tributarias.

Educación fiscal no CEIP de Quins
Foto: Delegación da Xunta

Neste sentido, Manuel Pardo explicou que estas accións buscan que o alumnado comprenda conceptos básicos como para que serven os impostos, que é a fraude fiscal e cales son as súas consecuencias, así como a necesidade de evitala para garantir o correcto funcionamento dos servizos públicos.

A sesión incluíu a proxección dun vídeo didáctico no que se abordaron os distintos tipos de tributos e o papel que desempeñan no sostemento da sociedade. Ademais, ao remate da actividade realizouse unha serie de preguntas con diferentes opcións de resposta para avaliar o grao de aprendizaxe adquirido polo alumnado.

Botón volver arriba