A localidade de Rabo de Galo conta con novos xogos biosaudables tras a inversión de 15.595,10 euros realizada polo concello de Ourense.
A nova dotación que a concellería de Medio Ambiente instalou no Parque de Rabo de Galo suma estes 5 elementos que foran demandados pola veciñanza. Tamén se verán beneficiados os veciños de Rabo de Galo cando rematen as obras que se realizan na rúa Francisco Asorey onde tamén se instalarán novos elementos.
