A Asociación Rebulir convoca un certame de expresións culturais para dar visibilidade a creadores da comarca Terras de Celanova.
Na anterior edición, o certame IDENTIFICARTE estaba limitado ó concello de Ramirás. Na edición de 2022, creadores de toda a Comarca de Celanova poderán optar ós tres premios e un accésit infantil que concederá o xurado do certame.
Rebulir convoca un certame de expresións culturais
As categorías nas que poderán participar as persoas interesadas son:
- Fotografía
- Artes Plásticas (cómic, grafiti, deseño gráfico, escultura, pintura,…)
- Literatura
- Ideas de emprendemento rural

O prazo de presentación de traballos finaliza o 20 de setembro, sendo a entrega de galardóns o día 23 do mesmo mes.