Noticias

Reclaman unha reforma urxente da Alameda da Ponte

Desde o PSdeG-PSOE de Ourense reclaman unha reforma urxente da Alameda da Ponte para por en valor este «espazo de lecer interxeracional».

No ano 2019, a Xunta de Galicia realizaba unha inversión de 160.000 euros para reformar a Alameda da Ponte. Esta «reforma chapuceira», en opinión dos concelleiros socialistas, provocou malestar entre veciños e comerciantes.

Reclaman unha reforma urxente da Alameda da Ponte

“Este espazo, que tiña que ser un lugar de encontro para todas as xeracións de pontinos e pontinas, atópase nun estado de total abandono a día de hoxe”, en opinión de Wilson Jones, concelleiro socialista. A alameda da Ponte, construída hai 54 anos sobre o espazo que ocupaba a segunda estación ferroviaria do concello de Canedo ocupa unha superficie de 3.400 metros2.

Reclaman unha reforma urxente da Alameda da Ponte

“No mandato do PP de Jesus Vázquez, dende o grupo socialista esiximos a reforma integral e urxente deste espazo, mais o que fixo a Xunta de Galicia foi desperdiciar e malgastar unha oportunidade histórica, que hoxe nos fai volver aquí para esixir de novo que este lugar”, reclama a voceira socialista, Natalia González.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.