Remata a reconstrución dun muro na Valenzá que presentaba risco de derrube e foi arranxado grazas á intervención do concello.
As obras permiten mellorar a seguridade nas zona e inclúen tamén a instalación dun paso peonil na zona axardinada.
Victoria Morenza, tenente de alcalde, destaca «a importancia deste tipo de intervencións que supoñen a mellora da accesibilidade desta zona, moi transitada diariamente por numerosas persoas».