A reparación da Fonte do Tinteiro realizada polo concello de Ourense é cualificada como «unha auténtica chapuza» por membros do PSdeG-PSOE.
José Ángel Vázquez Barquero, concelleiro do PSdeG-PSOE de Ourense, indicou que «o alcalde levou a cabo unha actuación para recuperar o espazo, mais sen conseguilo. E como se pode observar, perdeuse durante o proceso parte da identidade que tiña a fonte».
A reparación da Fonte do Tinteiro é unha auténtica chapuza
Unha das modificacións que máis críticas levantou foi a supresión das zonas de lavado de pés no entorno da fonte. Ademais desta modificación e o pintado en cor vermello das estruturas metálicas, os usuarios aprecian unha temperatura máis baixa da auga do Tinteiro. Desde o PSdeG-PSOE solicitan información sobre o custe das obras realizadas e o motivo que produce a variación na temperatura da auga.