Noticias

Asemblea veciñal en Ourense pola defensa do Xardín do Posío

A asociación Amigas das Árbores convoca este venres, 9 de maio, unha nova asemblea veciñal aberta para abordar a defensa do Xardín do Posío e do conxunto de árbores e espazos verdes da cidade de Ourense.

A cita será ás 20:30 horas na porta norte do parque, próxima ao IES Otero Pedrayo. Desde a organización indican que, en caso de choiva, se procurará un espazo cuberto.

Asemblea veciñal en Ourense pola defensa do Xardín do Posío

A convocatoria chega nun momento de crecente preocupación cidadá pola eliminación de árbores no histórico parque do Posío. Segundo denuncian as integrantes da asociación, desde o inicio das obras de remodelación foron taladas ao redor de 25 árbores, algunhas delas centenarias. Durante esta semana, novas imaxes documentaron a continuación destes traballos.

Asemblea veciñal en Ourense pola defensa do Xardín do Posío
Foto: Amigas das Árbores

Ademais, a asociación advirte que Ourense está moi lonxe de cumprir cos estándares ambientais recomendados pola Organización Mundial da Saúde e a Unión Europea. Mentres se recomenda unha árbore por cada tres habitantes e entre 10 e 15 metros cadrados de espazo verde por persoa, na cidade, segundo datos do propio Concello, apenas se alcanza unha árbore por cada 21 habitantes e 5,7 metros cadrados por veciño.

Cómpre frear esta destrución e construír un modelo de cidade máis verde e sostible”, afirman dende Amigas das Árbores.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.