Noticias

O BNG reclama o soterramento da Avda. Otero Pedrayo como proxecto clave para Ourense

O soterramento da Avenida Otero Pedrayo continúa a ser unha das grandes demandas urbanísticas da cidade de Ourense.

Así o lembra o deputado do BNG por Ourense, Iago Tabarés, quen insiste en que esta actuación é “unha vella reivindicación non só do BNG, senón da cidade”, e que conta co respaldo reiterado de colectivos veciñais, sociais e da maioría das forzas políticas con representación no Concello, agás o Partido Popular.

O BNG reclama o soterramento da Avda. Otero Pedrayo como proxecto clave para Ourense

Segundo Tabarés, a postura do PP ao longo dos anos oscilou entre “o desinterese, o obstrucionismo e a falla de compromiso cos proxectos transformadores da cidade”. O nacionalista subliña que o soterramento melloraría de maneira notable a seguridade viaria nunha das zonas con maior tránsito peonil e circulación de vehículos da cidade, cunha media diaria de 14.000 automóbiles.

O deputado critica a actuación realizada pola Xunta na zona, que cun investimento superior aos 1,7 millóns de euros se limitou á construción de dúas rotondas, instalación de semáforos e mellora da iluminación. “Foi unha reformita low cost, mesmo cualificada así por persoas próximas ao PP, que implicou a renuncia a un proxecto integrador e preparador para a chegada do AVE”, denuncia.

O BNG reclama o soterramento da Avda. Otero Pedrayo como proxecto clave para Ourense
Foto: BNG

O BNG tamén vincula esta demanda co novo edificio administrativo que a Xunta prevé construír no barrio das Lagoas. A centralización dos servizos autonómicos nese espazo obrigará a unha reordenación urbanística e provocará un incremento do tránsito viario e peonil, polo que, segundo Tabarés, “este é o momento axeitado para abordar o soterramento da avenida, que suporía unha transformación urbana de fondo”.

Finalmente, o deputado avanza que “instaremos, unha vez máis, á Xunta de Galiza a impulsar, xunto ao Concello de Ourense, o soterramento da Avenida Otero Pedrayo no tramo comprendido entre a avenida Rodríguez Castelao e as rúas Iglesias Alvariño, Torres, Rabaza e do Trebo”.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.