Noticias

Reunión para controlar a entrada de uva foránea

Esta mañá tivo lugar unha reunión para controlar a entrada de uva foránea na vendima de 2024 na que participaron diversos actores involucrados.

A subdelegación do Goberno coordinou esta reunión na que estiveron presentes representantes dos sectores produtivos, forzas de seguridade e administracións.

Reunión para controlar a entrada de uva foránea

Eladio Santos, subdelegado do Goberno en Ourense, presidiu esta reunión que permitiu fixar as liñas principais de actuación. A Garda Civil, Policía Nacional e Policía Autonómica colaborarán na vixilancia e control dos principais lugares de tránsito da provincia con Portugal e as provincias limítrofes.

«A entrada de uva foránea supón un fraude para o consumidor e os operativos de vixilancia das forzas e corpos de seguridade garanten a máxima calidade dos viños das catro denominacións de orixe ourensás», indicou Eladio Santos.

Reunión para controlar a entrada de uva foránea
Foto: Subdelegación do Goberno

Asistiron á reunión:

  • Directora territorial de Presidencia, Beatriz Fernández;
  • director territorial de Medio Rural, José Antonio Armada;
  • director de AGACAL, Martín Alemparte;
  • presidente do Consello regulador da DO Monterrei, Jonatás Gago;
  • secretaria do Consello regulador da DO de Valdeorras, Ana Patricia de Andrés;
  • presidente do consello regulador da DO Ribeira Sacra, Antonio Lombardía;
  • presidenta do Consello regulador da DO Ribeiro, Concha Iglesias;
  • xefa da Unidade de Protección Civil da Subdelegación, Mari Carmen Lodos;
  • secretario xeral da Subdelegación, Manuel Arias, e
  • representantes das forzas e corpos de seguridade do Estado, Garda Civil e Policía Nacional

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.