Noticias

Reunión para avanzar na mellora viaria en San Cibrao

A través dunha reunión realizada para avanzar na mellora viaria en San Cibrao das Viñas quedou cerrado o compromiso da Deputación de Ourense con este proxecto.

Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, e Manuel Pedro Fernández, alcalde de San Cibrao das Viñas mantiveron unha reunión de traballo no Pazo Provincial.

Reunión para avanzar na mellora viaria en San Cibrao

O proxecto que estaba sobre a mesa afecta ó tramo de carreteira entre as localidades de Vilanova e Soutopenedo. A intención do concello é realizar un ensanche da vía que inclúa tamén unha senda peonil. Coa axuda comprometida pola institución provincial, a obra podería comezar antes de rematar o ano 2022. «O proxecto está xa moi avanzado; coa colaboración entre Deputación e Concello tentaremos que se execute o antes posible», indicou Pedro Fernández.

Reunión para avanzar na mellora viaria en San Cibrao
Foto: depourense.gal

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba