O concello de Ribadavia amplía o servizo de conciliación. Esta medida contribúe a conciliación familiar e laboral dos veciños que teñen ós seus fillos nos centros escolares de Ribadavia. A proposta que quere por en marcha o concello a partir de setembro suporía incrementar o horario de atención ós menores.
Ó servizo de madrugadores (8 a 9 da mañá) sumaríase un servizo pola tarde (15 a 16:30h). O diálogo que o goberno municipal mantén coa comunidade educativa do CEIP de Ribadavia e a CRA Amencer debería favorecer a posta en marcha desta iniciativa.