O concello de Ribadavia inaugura un mural dedicado ás mulleres durante a xornada do 8M, Día Internacional da Muller.
As irmáns Touza son as protagonistas do mural que se presentou esta mañá en Ribadavia e no que están reflectidos os valores de forza, valentía e loita, sinal de identidade das mulleres do Ribeiro.
Ribadavia inaugura un mural dedicado ás mulleres
Noelia Rodríguez Travieso, alcaldesa de Ribadavia, estivo presente no acto acompañada polas concelleiras de xuventude e cultura. O mural é unha forma de dar protagonismo ás mulleres ó mesmo tempo que se combate o feísmo das medianeiras.
Arte urbano que gaña relevancia en Ribadavia grazas á cesión da medianeira por parte do propietario do edificio.