Noticias

Ribadavia pide á Deputación unha auditoría do servizo de abastecemento de auga

O concello de Ribadavia pide á Deputación Provincial unha auditoría completa do servizo de abastecemento de auga e do saneamento. Esta auditoría permitirá establecer os seguintes pasos a seguir.

No seu papel de organismo que cubre a asistencia técnica, xurídica e económica de todos os concellos da provincia, Ribadavia solicita que a entidade provincial asuma esa tarefa.

Ribadavia pide á Deputación unha auditoría do servizo de abastecemento de auga

Unha auditoría do Servizo de Abastecemento e Saneamento Municipal permitirá sinalar as actuacións máis urxentes que deben ser acometidas. Ante os episodios sucedidos no verán de 2022 con cortes no subministro de auga, Ribadavia quere elaborar un novo documento público da xestión municipal da auga.

Ribadavia pide á Deputación unha auditoría do servizo de abastecemento de auga

Unha das medidas que se puxo en marcha e a construción dunha nova captación no Río Miño para evitar os problemas do verán pasado. A maiores desta actuación, a auditoría solicitada á Deputación permitiría identificar outras deficiencias do servizo. Zonas de baixa presión crónica, estado das EBAR, tubaxes obsoletas, tratamento de augas pluviais,etc… son algunhas das posibles incidencias a identificar.

Botón volver arriba