Noticias

Rochi Novoa recibe unha das bolsas para escritores da Deputación

Rochi Novoa recibe unha das cinco bolsas para escritores da Deputación e que lles permitirá realizar residencias no estranxeiro.

O xurado que se reuniu onte no Centro Cultural Marcos Valcárcel tiña ante si unha importante e difícil decisión. Entre tódalas propostas recibidas, debían escoller ós cinco escritores merecedores das bolsas que lles permitirán levar a cabo diferentes proxectos.

Rochi Novoa recibe unha das bolsas para escritores da Deputación

Residencia Literaria 1863 e a Deputación de Ourense permitirán que os cinco escritores seleccionados realicen os seus proxectos en Croacia, Islandia, Turquía, Polonia e Andalucía.

Este xurado, composto por Chus Pato (académica da RAG), Luís González Tosar ( presidente da Fundación Insua dos Poetas) e Xosé Benito Reza (ensaísta e narrador) avaliaron todas as candidaturas para poder seleccionar ós cinco mellores candidatos.

Rochi Novoa recibe unha das bolsas para escritores da Deputación
Foto do xurado (depourense.gal)

Con esta acción preténdese «poñer en valor a creatividade dos ourensáns», indicou César Fernández, vicepresidente da Deputación e presente na reunión do xurado.

Os cinco escritores seleccionados son:

  • Arancha Nogueira, proxecto en Croacia (Residencia Marko Marulic da Asociación Kurs) a cabalo entre o ensaio e a novela de autoficción;
  • Iria Piñeiro, proxecto a realizar en Mojácar (Fundación Valparaíso);
  • Cándido Paniagua, estancia en Turquía (Casa dos Escritores de Nilüfer) para o seu proxecto de novela;
  • Rochi Nóvoa, proxecto en Polonia (Fundación czAR(T) Krzywogonca) para realizar un obradoiro de creación literaria orientado á rapazada;
  • Alexandre Corbillón, estancia en Islandia (Centro para a Creatividade Gullkistan) para traballar no seu segundo poemario.

Publicaciones relacionadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba