Noticias

Rosalía de Castro non terá ningún acto en Ourense

Rosalía de Castro non terá ningún acto conmemorativo en Ourense que recorde a súa figura na xornada na que se celebra o seu nacemento o 23 de febreiro de 1837.

No ano 2014, a instancia do BNG, «o concello de Ourense comprometeuse a celebrar anualmente o día de Rosalía, declarado actualmente o 23 de febreiro», recorda a concelleira Rhut Reza.

Rosalía de Castro non terá ningún acto en Ourense

A pesares dese compromiso, dende o grupo municipal do BNG no Concello de Ourense denuncian a ausencia de actos relacionados con esta celebración «amosando unha vez máis un profundo desprezo pola cultura propia do país». Recorda Rhut Reza que «dende o inicio de mandato, primeiro co goberno PP-DO e agora co goberno de DO en solitario, rompeuse o compromiso adquirido e desde a institución nada se fai para dignificar a obra da artífice da recuperación lingüística e literaria do noso país».

Rosalía de Castro non terá ningún acto en Ourense
Rhut Reza, concelleira do BNG en Ourense

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.