Luis Seara, candidato do BNG á alcaldía de Ourense, anunciou que promoverá un incremento do orzamento dedicado ó sector dos servizos sociais si ten responsabilidades de goberno.
Foi durante a reunión que o candidato do BNG mantivo con Germán Rodríguez-Sáa, presidente da AECC en Ourense cando fixo este anuncio.
Seara anunciou un incremento do orzamento para servizos sociais
«Para nós os Servizos Sociais e a atención ás persoas é fundamental dentro da nosa acción de goberno», destacou Seara. «Desde o Concello non podemos escatimar esforzos nesta materia, é máis, onde non chega a administración, sempre hai unha asociación ou un colectivo disposto a cubrir esas necesidades polo que é necesario que o Concello estea aí, apoiando e contribuíndo ao inmenso traballo de colectivos e asociacións, como é neste caso a AECC».
O orzamento que o concello dedica ás entidades que prestan servizos no ámbito social non é suficiente para Luis Seara. Por ese motivo anuncia que si teñen responsabilidades de goberno as axudas poderían «pasar dos 325.000 euros actuais ao millón de euros».