Noticias

Segundo Augusto comeza a campaña electoral en Molgas

Segundo Augusto González, candidato á alcaldía, comeza a campaña electoral en Baños de Molgas arroupado polos militantes.

O Hotel Ansuíña acolleu o acto de inicio da campaña electoral do PSdeG-PSOE de Baños de Molgas coa idea clara de provocar un «cambio» no municipio tras as eleccións municipais do 28 de maio.

Segundo Augusto comeza a campaña electoral en Molgas

O candidato á alcaldía propón un goberno municipal «mellore os servizos, escoite á veciñanza e aposte polos investimentos e por loitar contra o despoboamento». Un importante número de veciños e veciñas estiveron presentes no acto de presentación. Durante a súa intervención, Augusto González indicou que «esta é a única alternativa de goberno adoitada e crible para empezar a sacar a este concello do abandono no que se atopa sumido».

Segundo Augusto comeza a campaña electoral en Molgas

A deputada no Parlamento de Galicia, Marina Ortega, apoiou ó candidato á alcaldía. Na súa intervención, Ortega mostrou a súa confianza no proxecto socialista que «é ambicioso e realista, e conta cunha candidatura sólida, unida, preparada e con moitas ganas de traballar pola veciñanza».

Botón volver arriba