Eventos

Seixalbo celebra os Foros 2022

A vila de Seixalbo celebra a edición dos Foros 2022 cunha programación que se celebrará hoxe e mañá e que incluirá teatro, música e moita festa.

A representación da obra «A Lagarada» de Ramón Otero Pedraio será o punto de partida para a edición de 2022 da festa dos Foros en Seixalbo. No auditorio de Penouzos terá lugar este evento cultural ás 22.30h.

Seixalbo celebra os Foros 2022

A programación que a Asociación Agromadas e a Comisión da festa dos Foros de Seixalbo prepararon para este ano continúa na xornada do sábado.

Seixalbo celebra os Foros 2022

Pola mañá, ás 12:30h na praza do Cabildo, terá lugar a sesión vermú coa participación do Trío Motobomba. Tamén está previsto un xantar veciñal na mesma localización.

Xa pola tarde, ás 20:30h, terá lugar a entrega do Premio Freire Carril no local da Asociación de veciños. Ás 21h, unha ruta polas adegas estará acompañada musicalmente polo grupo Cantares da Cunha. Por último, a música de Camachuelos ás 22:30h e Tropical Boy ás 01h na Praza do Cabildo porán o fin de festa dos Foros 2022 en Seixalbo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.