Noticias

Sen orzamento para igualdade e prevención da violencia de xénero

A concelleira Rhut Reza denuncia que quedaron sen orzamento as partidas dedicadas a igualdade e prevención da violencia de xénero.

Esta situación débese a que «ó Goberno Local non lle importa nada que teña a ver coa igualdade» segundo afirmou recentemente a concelleira do BNG, Erea Blanco.

Sen orzamento para igualdade e prevención da violencia de xénero

Esta situación empeorou ó realizarse unha transferencia de crédito que baleirou á concellaría de igualdade. O crédito transferido será dedicado ó pago de subvencións concedidas en 2022 a 11 entidades do terceiro sector.

«Se xa é un despropósito que en 2024 aínda haxa entidades do terceiro sector pendentes de cobrar a subvención do ano 2022, o é máis aínda ao saber de onde saen os cartos para facer fronte a ditos pagamentos. E é que na transferencia 11T, o BNG puido constatar que se moveron 46.000 euros da partida de seminarios, cursos e feiras realizadas polo CIE, 24.000 euros correspondentes a gastos de estudos e difusión e o máis impactante, 16.750 euros dos programas e actividades de igualdade», denuncia Rhut Reza.

Sen orzamento para igualdade e prevención da violencia de xénero
Rhut Reza. Foto: BNG de Ourense.

Destaca a concelleira do BNG que ó goberno municipal non lle importan as políticas de igualdade segundo recollen na xustificación. «A existencia de crédito suficiente na aplicación débese ao feito de non ter executado actividades e Programas de igualdade e de loita contra a violencia machista».

Lembran desde o BNG que «as políticas de igualdade e a loita contra a violencia machista van máis alá dunha foto o 25N ou o 8M«. Entende no BNG que estas políticas teñen «que estar presente no día a día da acción de Goberno».

Back to top button