Eventos

Setembro cultural no Liceo de Ourense

Setembro cultural no Liceo de Ourense que presenta unha programación para seguir sendo un punto de encontro da cultura na cidade.

Podemos dicir que comeza un setembro cultural no Liceo de Ourense. Unha vez máis, e tódolos meses son iguais, este espazo situado no corazón de Ourense acollerá unha intensa programación cultural. Música, literatura, teatro, conferencias e moito máis para dar forma a un excelente programa.

Ourense Universo Literario

Dentro do ciclo «Ourense Universo Literario» encontramos seis boas propostas. Comezando por Candido Pazó e rematando con Lucía Álvarez, o programa inclúe a María do Ceo, Sarabela, Avelino González e Emilio Rúa. Un programa difícil de superar onde atopamos algunhas das mellores propostas culturais de Galicia.

Setembro cultural no Liceo de Ourense

Ademais do mencionado ciclo, tamén poderemos gozar de outras propostas. Actividades que completan un programa atractivo e intenso onde a cultura recupera un espazo propio.

Programación cultural no Liceo de Ourense

  • 16 de setembro, xoves, ás 20:00h
    Jacinto Seara Amigo, «Cambio climático».
  • 17 de setembro, venres, ás 20:30h.
    Hermanos Walker en concerto
  • 18 de setembro, sábado, ás 20:30h.
    Candido Pazó – «Ourense sementando polo mundo».
  • 24 de setembro, venres, ás 20:30h.
    Mulleres mirando ás mulleres, homenaxe á muller galega nas artes.
  • 25 de setembro, sábado, ás 20:30h.
    Emilio Rúa – «A canción de autor en Ourense».
  • 26 de setembro, domingo, ás 12h.
    Teatro Sarabela – «O secuestro da bibliotecaria».
  • 1 de outubro , venres, ás 20:30h.
    Avelino González – «Risco contando a todo Risco».
  • 2 de outubro, sábado, ás 20:30h.
    María do Ceo – «Ourensanía».
  • 3 de outubro, domingo, ás 20:30h.
    Lucía Álvarez – «As mulleres na poesía ourensá».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.